viernes, 28 de abril de 2017

PROGRAMA DE RADIO Nº 8 RADIO CABANAS: ESPECIAL DÍA DO LIBRO

Como seguro xa sabedes, o día do LIBRO é o 23 de abril. Este ano coincidiu en domingo, así que no colexio non o celebramos ese mesmo día, senón o mércores 26 cun programa de radio especial.
Coordinador: BRAIS COUCE (6º)
Presentadores:SARA (5º) e MANUEL (6º)
Técnicos de Son: SOFÍA (5º) e OLAYA (6º) 
Participantes: Alumnado de 1º e 2º EP
Audiencia: todo o alumnado do cole


Logo das presentacións e da sección na que felicitan aos que estiveron de cumple dende o programa anterior, Manu falounos de Inés Prado Acebo, ferrolá de 20 anos que é a primeira muller que gaña o campeonato galego absoluto de xadrez. 
A continuación, o alumnado de 1º de Primaria, representou, para o público presente, a súa obra "UNA SOPA EN MI MOSCA"






Despois, parte do alumnado de 2º de Primaria recitou varios poemas:
"Un regalo": XOANA, BRUNO, CARLA e PABLO
"Soño de cores": INÉS MARTIÑA e LUCÍA CRIADO
"Meus libros": CARLOS, LOIS e SUSANA
"Refráns": LUCÍA LÓPEZ e PAULA

  
  

Brais Couce, de 6º, falounos da predición meteorolóxica e para rematar, o alumnado de 6º de Primaria, (que alá polo ano 2007 chegaba ao noso cole) falou da súa primeira profe MARIBEL, que remata o seu traballo no cole esta mesma semana.
Sumámosnos aos desexos dos seus alumnos e alumnas: que desfrute desta nova etapa da vida, que a ten ben merecida!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario