viernes, 24 de marzo de 2017

PROGRAMA Nº 7 RADIO CABANAS: ESPECIAL GLORIA FUERTES

Como xa sabedes, o día 21 de marzo conmemórase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA. 

Ademais, no ano 2017, conmemórase o centenario do nacemento de GLORIA FUERTES, autora de numerosos poemas para nenos.

Pois ben, tendo en conta isto, este programa de radio adicámolo a esta persoa que tan únida estivo ao mundo dos nenos (seguro que moitos pais e nais do noso alumnado recordan da súa infancia algún poema ou canción de Gloria, non??)

O programa comezou, coa presentación do equipo de alumnos e alumnas que se fixeron cargo do mesmo.
              







Coordinador: ANXO (6º)
Presentadores:CANDELA (5º) e ALICIA (6º)
Técnicos de Son:JAIME (5º) e ANXO (6º) 
Participantes:Alumnado de Educación Infantil
Audiencia: todo o alumnado do cole

Logo, da sección habitual de felicitacións para aqueles que cumpriron anos desde o último programa, o noso comentarista de ACTUALIDADE, BRAIS COUCE de 6º EP, deulle un repaso aos acontecementos recentes: falounos do BREXIT e tamén do atentado de Londres desta mesma semana.


O alumnado de 4º EI (3anos) contounos a historia de "EL COCINERO DISTRAÍDO":


Logo, LUCÍA, IRENE, ARIADNA, CAROLINA e ANTÍA de 4ºEP nos contaron parte da biografía da autora:



Ademais, escoitamos a Gloria Fuertes, na súa propia AUTOBIOGRAFÍA:



A continuación, os alumnos e alumnas de 5º EI (4anos), nos ofreceron dúas actuacións: primeiro a canción de "A CAROLINA", que levan mooooito tempo practicando...


E despois, recitaron o poema de Gloria Fuertes "DON LIBRO ESTÁ HELADO"


Por último, o alumnado de 6º EI, nos deleitou coas "ALELUYAS DE DON PIRULÍ DE LA HABANA"


Para rematar o programa, un mosquito moi especial veu falar do TEMPO e da predición meteorolóxica para o fin de semana:

No hay comentarios:

Publicar un comentario