viernes, 21 de octubre de 2016

PROGRAMA Nº2 RADIO CABANAS (21/10/2016)

Segundo programa de radio deste curso. Nesta ocasión o alumnado de 5º curso de Primaria foi o encargado da súa elaboración.

Coordinador: MANUEL (6º)
Presentadoras: MENCÍA (6º) e PUERTO (5º)
Técnicos de Son: JAVI (5º) e CRISTIAN (6º)
Alumnado participante: 5º e 6º de Primaria

Audiencia: todo o alumnado do centro


Neste programa, o alumnado de 5º curso simulou un concurso televisivo moi coñecido:
"PASAPALABRA"
Para iso, estiveron, durante días, traballando moito, moito!!
Tiveron que preparar as preguntas e respostas, organizarse entre eles para repartirse os traballos (os que aguantaban os "roscos", os que ían colocando as letras verdes ou vermellas dependendo de se a resposta era correcta ou non, os presentadores que facían as preguntas, os que controlaban o tempo, os que representaban con son o acerto ou fallo,..., e por suposto, os concursantes!.
Foi un programa moi emocionante xa que, como no programa da tele, os nervios estaban no ambiente.
Por suposto, todos o fixeron moi ben e os concursantes nos demostraron que saben moito!!
Aquí vos deixamos unhas fotos do programa:




Ademais, Manuel (6º), foi o encargado de contarnos a predición meteorolóxica do fin de semana:

No hay comentarios:

Publicar un comentario