viernes, 8 de abril de 2016

PROGRAMA Nº 8 : RADIO 08-04-2016

Hoxe, venres, tivemos un novo programa de radio. Nesta ocasión, os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria foron os encargados de TODO. Cando dicimos TODO, queremos dicir que eles foron os que escolleron e organizaron os contidos sen a axuda das súas titoras (habitualmente as titoras se ocupan de orientalos e organizar un pouquiño o guión do programa, pero, agora no terceiro trimestre xa poden intentalo pola súa conta!!)

Aquí tedes o reparto de tarefas deste programa:


Ademais das diferentes seccións dentro do programa, houbo unha entrevista en rigoroso directo que Santi, de 5º, lle fixo á súa avoa Laura.
Deixámosvos un enlace ao blogue de 5º curso para que poidades ver mais fotos  e tamén un vídeo da entrevista. Esperamos que vos guste!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario