viernes, 19 de junio de 2015

ÚLTIMO DÍA DO CURSO...

Hoxe, 19 de xuño, rematou este curso... por iso, despois do recreo, xuntámonos todos no patio cuberto. Temos unha pantalla, e nela, puidemos ver a presentación da revista "XENTE NOVA" deste curso.
Despois, vimos unha presentación adicada ao alumnado que remata a Educación Primaria, que fixo especialmente para eles a súa titora Sira. Logo, se lles fixo entrega dun sinxelo detalle de despedida. Aquí os tedes a todos posando na foto do grupo:


Noraboa a todos/as!! e que vos vaia todo moi ben nesta nova etapa que empezades!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario