viernes, 24 de mayo de 2013

CONCERTO: A SORPRESA DE HAYDN

Hoxe, tivemos a sorte de poder escoitar o concerto que o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria interpretou para todos/as nós, "baixo a batuta" de Javier, o profe de música.



Tamén, aproveitamos para darlle un pequeno agasallo a KATALINA, a auxiliar de conversa que estivo con nós durante este curso, xa que a próxima semana remata a súa estancia con nós.


E... ademais, quixemos felicitar a cinco alumnos de 6º de Educación Primaria: Marcos, Martín, Pablo Vázquez, María e Hugo, que se proclamaron vencedores do concurso ECOPREGUNTOIRO, dentro do programa radiofónico ECOVOZ en RADIO VOZ GALICIA. 

NORABOA AOS GAÑADORES!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario