martes, 30 de abril de 2013

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013


    O Departamento de Dinamización Lingüística e a Biblioteca  Escolar do CEIP Eladia Mariño, xunto ca Concellaría de Cultura do Concello de Cabanas, convocan un concurso para homenaxear a figura do autor Roberto Vidal Bolaño.

BASES:
1- Poderá participar o alumnado de E. Infantil e Primaria do Ceip Eladia Mariño.
2- Establécense distintas categorías en función das idade dos participantes: E. Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo e 3º Ciclo.
3- A temática a seguir terá que estar relacionada cas Letras Galegas e/ou o autor Roberto Vidal Bolaño.
4- Cada titor elixirá o formato a presentar: ilustracións, poemas, pictogramas, proxectos biográficos ...
5- A elaboración dos traballos farase de forma individual ou en grupos (máximo tres participantes).
6- Elexirase un premio por cada clase.
7 – A data límite de entrega de traballos será o 10 de maio.
8- Todos os traballos expoñeranse nos taboleiros do colexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario