jueves, 26 de marzo de 2009

DÍA DA ÁRBORE (21/3)

O venres, 27 de marzo os alumnos/as do CEIP Eladia Mariño de Cabanas, imos conmemorar o día da árbore. Para isto imos ir ó piñeiral da praia de A Magdalena prantar árbores e soltar pombas.

O alumnado de 5º e 6º curso recitarán o seguinte poema de Carmen Sarmiento Álvarez:

“AS NOSAS ÁRBORES”

I

Un carballo e un loureiro
na carballeira falaban,
e o loureiro ó velo triste
deste xeito o consolaba:

“ Forte e velliño carballo,
o das follas requintadas,
sempre será-lo patrucio
e o señor das nosas fragas.”

Árbores extrañas
non queremos, non,
Róubanno-lo sangue
e o corazón.

Buxos, bidueiras,
e choróns tamén,
xunto ós castiñeiros
imos a vencer.

E os paxaros piarán
cheirará a toxeira en flor,
e os rapaces medrarán
rodeados de verdor.

Máis azul o ceo será
brillará mais ledo o sol;
e Galicia espertará
nun alborexar de amor.



II

Un castiñeiro nun souto
cun piñeiro parolaba
e mensaxes de esperanza
un ó outro se pasaban.

“ A xente do noso pobo
nunca poderá esquecer:
o tesouro das castañas,
dos piñeiros o arrecer.

Árbores extrañas
nunca poderán
rematar connosco
neste noble chan.

Árbores enxebres
imos percurar
defende-la terra
defende-lo lar.

E os paxaros piarán
cheirará a toxeira en flor,
e os rapaces medrarán
rodeados de verdor.

Máis azul o ceo será
brillará mais ledo o sol;
e Galicia espertará
nun alborexar de amor.

(Este poema musicado foi premio Cantareliña en 1990)
Recollido do libro de Xosé Paz Fernández: “ Nas beiras do Eume” 2ª parte Cancioneiro Popular Eumés. Concello de Pontedeume.Pontedeume, 1998

1 comentario:

  1. Hola!!!

    Tu blog está muy bien.

    Te invito a pasarte por el mío y a dejar comentarios o hacerte seguidora.

    http://conelritmo.blogspot.com

    Va sobre la música

    ResponderEliminar